Saltar ao contido principal
Xornal

A Olimpíada Matemática Galega 2019 dispútase este venres na USC

Na Facultade de Matemáticas a partir das 10.00 horas

Actualizada: 18-01-2019 12:17
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da competición que este venres se celebra na USC

A Facultade de Matemáticas da Universidade de  Santiago de Compostela acolle este veres 18 a fase autonómica da LV Olimpíada Matemática Española. Esta é unha competición para o alumnado de bacharelato e nela selecciónanse as tres persoas que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na Fase Nacional, a celebrar do 21 ao 24 de marzo en Ourense. Están convocados 32 mozas e 75 mozos, dos 57 son da Coruña, 6 de Lugo, 9 de Ourense e 31 de Pontevedra.

As probas da Olimpíada Matemática Galega 2019 celebraranse ao longo deste venres en xornadas de mañá e tarde. Ás 10.00 horas está previsto un acto de recepción dos participantes por parte da decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e seguidamente dará comezo a primeira sesión: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión comezará ás 16.00 horas, novamente cun período de tres horas e media para solucionar outros tres problemas.

A partir das 20.00 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, terá lugar o acto protocolario de entrega de premios, que contará coa presencia da decana da facultade, e do delegado do Reitor da USC para o Ensino Medio, o profesor Celso Rodríguez Fernández, así como do delegado para Galicia da Comisión de Olimpíadas da Real Sociedad Matemática Española, o profesor Felipe Gago Couso.