Saltar ao contido principal
Xornal

A Facultade de Química convoca o concurso ‘A táboa periódica e Galicia’

Forma parte das actividades organizadas polo centro con motivo do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos en 2019

Actualizada: 05-02-2019 13:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Logo do concurso

O concurso ‘A táboa periódica e Galicia’ é unha iniciativa da Facultade de Química que busca divulgar entre o estudantado galego a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria e que se inclúe no programa de actividades organizado polo centro universitario con motivo do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

Para concursar, os equipos que concorran deberán seleccionar un elementos da táboa periódica dos elementos químicos, incluíndo a súa relevancia na vida diaria dende o punto de vista da súa relación co medio social, económico, medioambiental, da saúde ou técnico, abarcando a relación especial coa contorna do centro, se fose o caso. Todos os carteis serán publicado no sitio web da Facultade de Química. Na avaliación final valorarase o rigor científicos, a relación da información presentada coa vida cotiá en Galicia, así como deseño e a orixinalidade.

Esta convocatoria xa aberta está dirixida a alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos formativos e bacharelato do sistema educativo galego. A inscrición xa se pode formalizar no sitio web da Facultade, trámite para o que a data límite será o 1 de marzo. Cada centro pode presentar unicamente un cartel en galego por cada unidade docente implicada, que deberán enviar en formato PDF, tamaño DIN A0, ao correo concurso.taboaperiodica@usc.es antes do 12 de abril.

Dos carteis presentados farase unha primeira selección que se exporá na Facultade de Química. Todos os centros recibirán un premio, ao que se sumará un en metálico para os tres primeiros. Para recibilo será imprescindible que unha representación do alumnado premiado presente oralmente o seu traballo na cerimonia de entrega.