Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte

Actualizada: 12-02-2019 09:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais convoca de novo o concurso de pintura  CreArte na Universidade, que mantén  aberto ata o 8 de marzo o prazo para presentar traballos. O certame, que este ano chega á súa oitava edición, está aberto á participación non só da comunidade universitaria senón tamén da sociedade en xeral. A dotación do premio é de 700 euros.

Cada concursante deberá presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2018 e febreiro de 2019, de temática e técnica libres, e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

O xurado, presidido polo decano do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal os meses de abril e maio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coincidindo co Día do Patrón do centro. A obra gañadora pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e exporase durante un ano no seu ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin.