Saltar ao contido principal
Xornal

A Rede de TIL súmase á celebración do Día Mundial da Xustiza Social cun foro de debate sobre dignidade no mercado laboral

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, inaugura a xornada este mércores, ás 10.00 horas, na Casa do Saber

Actualizada: 19-02-2019 11:45
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz co programa da xornada

A Rede de Técnicos/as de Inserción Laboral (TIL) de Lugo, constituída como un foro de encontro, discusión e traballo entre entidades do terceiro sector, organiza en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo unha xornada sobre dignidade no mercado laboral co gallo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social, que se conmemora o 20 de febreiro.

 

O obxectivo da xornada, ‘Xustiza social e emprego’  pasa por achegar boas prácticas tanto á vida diaria ademais de contribuír a incorporar estas pautas de comportamento ao mercado laboral, a fin de avanzar así na xustiza social e na dignidade das persoas.

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, será a encargada de inaugurar, ás 10.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o programa deste foro, que se desenvolverá en quenda de mañá ata as 14.30 horas, cando está prevista a sesión de clausura. O presidente de Igaxes e profesor da Escola Universitaria de Traballo Social da USC, Luis Barreiro, abrirá a quenda de intervencións cun relatorio que leva por título ‘Inserción laboral e xustiza social: Outro mundo (do traballo) é posible’.

 

O deportista de elite Víctor Tasende dará continuidade ao programa de relatorios coa charla ‘ Atrévete a dar o paso’. Logo destas intervencións, a xornada chegará ao seu remate cunha táboa redonda sobre boas prácticas e xustiza social na que intervirán como relatores a traballadora Rebeca Montoya, que relatará a súa experiencia de inserción laboral; a directora de Decathlon Lugo, Eva Lamas, e dous responsable desta entidade como o son Andrea Martínez e Martiño Sanz.

 

O xefe de grupo de Urbaser Lugo, Miguel Ángel García Liñares;  a coordinadora de Recursos Humanos de Supervisión y Control –Applus+, Susana Junquera, e Amalia Campo, responsable do proxecto ‘Son Capaces’, completan a nómina de relatores convidados a participar nun coloquio que estará moderado por Sandra Pujades , técnica da Rede TIL.