Saltar ao contido principal
Xornal

O grupo de Arturo López Quintela coordina un proxecto sobre a produción de biofuel por medios totalmente sustentables

Actualizada: 22-02-2019 14:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O proxecto celebrou a súa primeira reunión na USC

O grupo do profesor M. Arturo López Quintela coordina o proxecto europeo Bac-To-Fuel (Bacterial conversion of CO2 and renewable H2 into biofuels). Mediante a utilización de clústeres cuánticos sub-nanométricos, o proxecto pretende mellorar os baixos rendementos actuais da fotoxeración de hidróxeno con luz solar a partir de auga para alcanzar producións de hidróxeno –a escala de planta piloto- economicamente competitivas coas fontes actuais de produción. Tamén se busca dar un paso importante na bioprodución de biofuel a partir de CO2 recuperado das atmosfera utilizando bacterias modificadas xeneticamente, capaces de reducir con grande eficiencia o CO2 utilizando o hidróxeno fotoxenerado.

O obxectivo é que Bac-To-Fuel, mediante a integración de diferentes grupos líderes nos seus respectivos ámbitos de traballo, permite á UE liderar a nivel mundial a produción de biofuel por medios totalmente sustentables, reducindo á súa vez a contaminación ambiental.

Os grupos integrantes de Bac-To-Fuel, financiado con 3 millóns de euros dentro do programa H2020, acaban de celebrar a súa primeira xuntanza coa participación, ademais da USC, dos grupos de investigación participantes, procedentes das universidades de Lancaster (Reino Unido), Wageningen (Holanda), Técnica de Berlín (Alemaña), así como das empresas Nanogap e VITO (Bélxica). O seguimento do proxecto levarao a doutora María Georgiadou (project officer, Bruselas).