Saltar ao contido principal
Xornal

Ampliado o prazo de presentación de obras do concurso de pintura CreArte

Actualizada: 28-02-2019 10:58
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais decidiu ampliar o prazo de presentación de traballos do seu concurso de pintura  CreArte na Universidade, que se manterá  aberto ata as 14.00 horas do 18 de marzo. O certame, que este ano chega á súa oitava edición, está aberto á participación non só da comunidade universitaria senón tamén da sociedade en xeral. A dotación do premio é de 700 euros.

Cada concursante deberá presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2018 e febreiro de 2019, de temática e técnica libres, e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal os meses de abril e maio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coincidindo co Día do Patrón do centro. A obra gañadora pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e exporase durante un ano no seu ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin.