Saltar ao contido principal
Xornal

Graduación da V Promoción do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos

Actualizada: 28-02-2019 11:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A V Promoción do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos (2017-2019) celebra este venres, 1 de marzo, o seu acto de graduación, que presidirá ás 18.00 horas no Salón de Actos da ETSE o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa.

Logo da foto oficial da promoción, comezarán as intervencións con Daniel de la Fuente Rodríguez e Yago Pérez Armada en representación do alumnado; Julia González Álvarez, madriña da promoción e coordinadora do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos; o subdirector da Escola, Francisco Omil Prieto; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Juan M. Garrido Fernández; e a directora de Fábrica en Aserpal S.A, Dolores Sánchez Bello. Todos eles participarán na entrega de diplomas.