Saltar ao contido principal
Xornal

Encontro con Suso de Toro, mentor literario do Certame Mazarelos da Facultade de Filoloxía

Deu continuidade ao celebrado previamente con Yolanda Castaño

Actualizada: 04-03-2019 11:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O encontro con Suso de Toro celebrouse na libraría Numax

Os gañadores e gañadoras do Certame literario Mazarelos veñen de manter un encontro literario co escritor Suso de Toro na libraría Numax. Esta é unha das novidades da cuarta edición do Certame Mazarelos que convoca a Facultade de Filoloxía coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC e que xa celebrou un primeiro encontro coa escritora Yolanda Castaño. Ambos exerceron de mentores literarios a través de encontros abertos a todos os participantes das distintas edición e do público interesado na literatura.

Dáse a circunstancia de que poucas horas despois de participar no obradoiro da librería Chan da pólvora (onde abordou, entre outras cuestións, a profesionalización dos escritores e das escritoras), Yolanda Castaño anunciaba a apertura da súa residencia literaria 1863. Pola súa banda, Suso de Toro acaba de presentar o libro Dentro da literatura, unha aproximación persoal á súa experiencia no eido da narrativa. Proximamente convocarase a quinta edición do Certame literario Mazarelos, cuxa principal novidade será a saída dun volume conmemorativo dos cinco anos do premio que dará a coñecer a produción literaria da mocidade universitaria.