Saltar ao contido principal
Xornal

A USC lanza unha nova convocatoria da aceleradora ES-CONECTA

O prazo de presentación de solicitudes abre o 27 de febreiro e finaliza o 25 de marzo

Actualizada: 05-03-2019 12:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha unha nova convocatoria de ES-CONECTA, unha aceleradora de economía social de tres meses de duración promovida polo grupo de investigación de Valoración Financeira Aplicada.

O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 25 de marzo, e as primeiras 20 ideas empresariais seleccionadas participarán o 10 de abril no DemoDay que terá lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e da que sairán os 15 proxectos que finalmente participarán na aceleradora de ES-CONECTA.

O programa, de alto rendemento, vai dirixido ás persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia–N orte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social. Durante o desenvolvemento da aceleradora, os emprendedores e emprendedoras estarán baixo a supervisión dun equipo de especialistas e recibirán en Santiago formación, titorización, mentorización e o apoio no acceso a financiamento externo.

Todas as accións da aceleradora están encamiñadas a reducir os tempos de posta en marcha e consolidación de proxectos empresariais de economía social, o que garante a súa viabilidade e minimiza os riscos inherentes a eses procesos.