Saltar ao contido principal
Xornal

Destacadas ex alumnas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC conversan sobre a súa carreira profesional

Actualizada: 06-03-2019 12:00
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Seis mulleres egresadas en diferentes épocas da Facultade compostelá de Ciencias Económicas e Empresariais participarán este xoves 7 nun coloquio sobre a súa carreira profesional. Enmarcado nos actos que organiza a USC en conmemoración do Día Internacional das Mulleres, moderarao ás 12.30 horas na Aula B do centro a catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC María Xosé Rodríguez Galdo.

No coloquio participarán tamén a coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación/Abanca, María del Pilar Alves Moreno; a responsable financeira e Control de Xestión en Denso Sistemas Térmicos España, Lourdes Baliñas Antelo; a adxunta a Presidencia do Grupo Rodman  e que foi Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa Mangana; a directora do departamento de investigación da spin-off da USC AYeconomics Research Centre, Yolanda Pena Boquete; e Belén Solla Medina, que recentemente comenzou a traballar no departamento financeiro de Abanca Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U. tras desempeñar diferentes cargos en diferentes empresas de auditoría.

Todas elas contarán as súas experiencias  profesionais e conversarán acerca de numerosas cuestións como os retos actuais nos diferentes  sectores económicos, as competencias e valores que consideran fundamentais no desenvolvemento do traballo nas empresas e, de forma particular, a existencia de barreiras nas organizacións ou sectores de actividade polo feito de seren mulleres.