Saltar ao contido principal
Xornal

Luisa Cuesta, a primeira alumna de Dereito e logo bibliotecaria da USC, dará nome a un Espazo da Concepción Arenal

Actualizada: 06-03-2019 13:14
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Co gallo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, a Biblioteca Concepción Arenal organiza este xoves 7 un acto en homenaxe a Luisa Cuesta, que fora bibliotecaria na USC  entre 1921 e 1930. A partir de mañá unha das aulas de formación do centro pasará a levar o nome desta muller que foi ademais a primeira alumna matriculada nos estudos de Dereito nesta Universidade.  

O descubrimento da placa conmemorativa terá lugar na propia biblioteca ás 10.00 horas nun acto no quer intervirán a directora da biblioteca de Ciencias da Comunicación, Lourdes Pérez, e a vicedecana da Facultade de Dereito, Marta Otero Crespo.

Luisa Cuesta cursou 15 materias nesa facultade, 11 delas avaliadas con sobresaliente, pero a pesar do seu extraordinario currículo os seus pasos profesionais ficaron vencellados ao mundo das bibliotecas, con importantes traballos na conformación da Biblioteca América da USC e, xa en Madrid, na dirección da Biblioteca Nacional en plena guerra civil.