Saltar ao contido principal
Xornal

Acto de toma de posesión de Marcelino Agís como decano da Facultade de Filosofía

Actualizada: 06-03-2019 13:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O catedrático Marcelino Agís tomará posesión este xoves 7 como decano da Facultade de Filosofía nun acto que presidirá o reitor Antonio López ás 13.30 horas no vestíbulo do centro e no que tamén intervirá a secretaria xeral da USC, Dulce Mª García Mella.

Agís (Raxó –Pontevedra- 1963) é catedrático de Filosofía da USC así como conferenciante convidado en universidades e institucións investigadoras de Alemaña, Portugal, Xapón, Italia, Estados Unidos, México, Brasil ou Chile. Con anterioridade ocupou os cargos de vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, conselleiro delegado de Cursos Internacionais da USC, director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social. Ademais foi asesor de planificación docente, coordinador do Máster de Filosofía e, na actualidade, coordinaba o programa de doutoramento en Filosofía.