Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación do informe ’10 anos de emprendemento universitario en Galicia: un enfoque de xénero’

Actualizada: 08-03-2019 11:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O grupo GEM Galicia presentará o vindeiro luns 10 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o informe ’10 anos de emprendemento universitario en Galicia: un enfoque de xénero’. A partir das 17.00 horas no Salón de Graos da Facultade, este documento é un estudo monográfico que analiza o impacto da formación universitaria emprendedora no eido da comunidade universitaria durante a última década tendo en conta a perspectiva de xénero. O traballo desenvolveuno o equipo de investigadores da USC pertencentes ao proxecto Global Entrepreneurship Monitor (GEM), encargado do informe homónimo para Galicia.

A continuación da presentación está prevista unha mesa redonda na que participarán a directora técnica do equipo, a profesora Isabel Neira, que exporá as principais conclusións do estudo; a coordinadora do programa Woman Emprende da USC, Eva López; e a presidenta de Executivas Galicia, Carla Reyes. O acto contará tamén coa presenza do secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro. Ao rematar esta sesión, membros do equipo GEm impartirán un seminario formativo de carácter práctico baseado na elaboración de infografías para a presentación de resultados dirixido en particular a alumnado de Traballo Fin de Grao. Será unha sesión de aforo limitado para a que é preciso inscribirse a través dun formulario en liña.