Saltar ao contido principal
Xornal

Ciencias da Educación celebrou o día do seu patrón

Actualizada: 12-03-2019 12:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias da Educación celebrou a festividade do seu patrón, o Natalicio de Frei Martín Sarmiento, no Salón Nobre de Fonseca nun acto presidido polo vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce Vázquez, e a decana da Facultade, Carmen Fernández Morante.

Na cerimonia entregáronse os premios extraordinarios ao alumnado das titulacións de grao e máster e os Sarmientos de Honra aos docentes José Antonio Caride Gómez, Isabel García-Rodeja Gayoso e Vicente Peña Saavedra, que foron apadriñados e amadriñados á súa vez por Felipe Trillo Alonso, José Manuel Domínguez Castiñeiras e Esther Olveira Olveira, respectivamente.


Outras imaxes