Saltar ao contido principal
Xornal

Encontro en Santiago do persoal coordinador da docencia de Medicina nos hospitais universitarios

Actualizada: 12-03-2019 14:25
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Ángela Torres, Carlos Vázquez Barro, Rosario López Rico, Jesús García Mata, José Martín Carreira, José Ramón Fernandez Lorenzo, Ramón López de los Reyes, Fernanda López Crecente, Julián Álvarez, Ismael Arán e Ángel López Rodríguez

As persoas responsables de coordinar a docencia do Grao de Medicina nos hospitais universitarios galegos mantiveron este martes unha xuntanza no aulario da Facultade. Presidida polo decano do centro compostelán, Julián Álvarez, nesta novena edición da reunión participaron ademais o vicedecano de Docencia Clínica, José Carreira, e o coordinador de sexto curso, Miguel Gelabert. Previamente houbo outro encontro dos coordinadores docentes dos hospitais universitarios cos das materias de sexto curso e o equipo decanal.

Asistiron ao acto os coordinadores dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Ferrol, Ramón López de los Reyes; de Pontevedra, Ismael Arén; de Lugo , Ángel López Rodríguez; de Ourense, Jesús García Mata; da Coruña, Carlos Vázquez Barro, e de Vigo, José Ramón Fernández Lorenzo.

Así mesmo, participaron os coordinadores docentes das materias de sexto Rosaura Leis, de Pediatría; Ángeles Lorenzo, de Psiquiatría; Arturo Quintela, de Médica; Nieto Pol, de Medicina de Familia; Cainzos, de Cirurxía; Macía, de Xinecoloxía, e as xefas de estudo de Ferrol, Fernanda López Crecente, e da Coruña, Rosario López Rico.


Outras imaxes


Reunión previa dos coordinadores docentes dos hospitais universitarios cos das materias de sexto curso e o equipo decanal