Saltar ao contido principal
Xornal

Cintaadhesiva ofrece na Casa do Saber de Lugo un espectáculo de poesía e música electrónica no marco do ciclo ‘Xoves de Moda’

A actuación do dúo integrado por Jesús Andrés Tejada e Silvia Penas desenvolverase este xoves, a partir das 20.30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Actualizada: 13-03-2019 11:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada, integrantes do dúo Cintaadhesiva

Cintaadhesiva, un proxecto baseado orixinal da poeta Silvia Penas e do músico Jesús Andrés Tejada, que ten como base os ámbitos literario e musical, ofrecerá este xoves 14 de marzo, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, un espectáculo de música electrónica e poesía no marco dos ‘Xoves de Moda’, un dos programas artísticos promovidos no marco do ciclo Lubicán, organizado ao abeiro do Convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento de USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

 

Un concerto de Cintaadhesiva antóllase como unha experiencia moi completa, de grande   intensidade.    Nos   contidos   destaca   un   posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.

 

O dúo formado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada, cuxa creación podería inserirse no xénero coñecido como ‘e-poesía’, ou poesía con música elecrónica, da que ésta é a base principal das composicións de Jesús Andrés, repletas de reminiscencias do post-rock, dream pope  ambient.

 

Unha parte importante  do espectáculo que ofrece formación artística vén dada pola integración de textos poéticos na música, que non acompañados dela. Deste xeito, o espectáculo intercala  tamén  temas cantados compostos polos mesmos autores. O concerto que ofrecerán este xoves os compoñentes de Cintaadhesiva é de entrada libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.