Saltar ao contido principal
Xornal

A formación ao longo de toda a vida centra este venres un relatorio do profesor Quinzá-Torroja na Casa do Saber de Lugo

A conferencia, organizada pola Asociación do IV Ciclo da USC do campus de Lugo, comeza ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Actualizada: 14-03-2019 09:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da conferencia

O profesor de Economía Aplicada na Universidade da Coruña José Manuel Sánchez Quinzá-Torroja ofrecerá este venres 15 de marzo, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘A formación ao longo de toda a vida. Outra visión’.

 

Quinzá-Torroja reflexionará na súa conferencia, organizada pola Asociación do IV Ciclo da USC do campus de Lugo, sobre a aprendizaxe ao longo da vida e especialmente afondará especialmente no discurso que antepón a parte economista da formación á formación integral das persoas e á posterior incidencia na transformación social.

 

A aprendizaxe ao longo de toda a vida encádrase, segundo mantén Quinzá-Torroja no marco da chamada economía do coñecemento, que está baseada na formación adaptada ás necesidades do mercado laboral, en lugar de intentar responder ás necesidades de cada individuo e da súa comunidade. Esta nova orientación, sinala este profesor, favorecería  unha educación inclusiva e de calidade que promovería oportunidades para todas as persoas ao longo da vida.

 

O relatorio programado pola Asociación do IV Ciclo do campus de Lugo da USC é unha acción de carácter divulgativo que está aberta á participación de todo o público interesado. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.