Saltar ao contido principal
Xornal

A USC co-organiza o sexto Encontro de Emprendedores Universitarios en Bragança

Celebrarase os días 11 e 12 de abril

Actualizada: 14-03-2019 13:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC, xuntos coas outras dúas universidades galegas, os institutos politécnicos de Bragança e Viana de Castelo e a Universidade Católica Portuguesa organizan a sexta edición do Encontro de Emprendedores Universitarios. Esta é unha iniciativa orientada a fomentar o coñecemento do emprendemento entre universitarios de Galicia e norte de Portugal así como a convivencia entre estudantes internacionais na que se poderán presentar ideas ou proxectos empresariais nun contexto de cooperación e competencia transfronteiriza.

O desenvolvemento desta xornada busca, en opinión dos promotores da iniciativa, apoiar á xuventude a que coñeza as posibilidades do emprendemento, fomentando as relacións internacionais entre os discentes universitarios de ambos países e xerando oportunidades de inserción laboral. O encontro celebrarase os días 11 e 12 de abril na sede do Instituto Politécnico de Bragança. As persoas interesadas en presentar os seus proxectos de emprendemento poderán facelo ata o 19 de marzo, sendo seleccionados 8 proxectos de Galicia que se presentarán no evento, no que o xurado internacional seleccionará catro finalistas e un gañador.