Saltar ao contido principal
Xornal

O Xardín das pedras que falan incorpora a Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu

Actualizada: 18-03-2019 14:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor e o alcalde nun momento do descubrimento das cinco novas pedras. Foto: Servimav-USC

Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu acaban de incorporar a súa obra ao Xardín das pedras que falan, unha colaboración entre a USC e o Concello de Santiago localizada a carón do Colexio de Fonseca. Por cada un dos novos autores/as descubriuse unha pedra cun breve fragmento da súa autoría que pasarán agora a conformar unha espiral de palabras iniciada a mediados do pasado ano con Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. De forma progresiva, iranse incorporando diferentes rochas ata alcanzar un total de 40.

No acto deste luns 18 participaron ademais do reitor Antonio López Díaz e do alcalde Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; os escritores Zéno Bianu e Bernardo Atxaga; Xaquín Valle-Inclán, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán; e o promotor do proxecto, o escritor Suso de Toro.

O reitor Antonio López mostrouse satisfeito coas novas cinco incorporacións do Xardín, “unha brillante iniciativa” que agora “enriquece o seu legado” e amplía o abano de linguas presentes co catalán, vasco, francés e castelán. “Agardamos –engadiu o reitor- que estas verbas nos sigan falando ao corazón de aquí para adiante”.


Outras imaxes


A espiral de palabras é un proxecto que integrarán un total de 40 elementos. Foto: Servimav-USC

O reitor Antonio López mostrou a súa satisfacción con esta "brillante iniciativa". Foto: Servimav-USC