Saltar ao contido principal
Xornal

O IDEGA analiza nunha xornada o futuro do sistema de pensións

Actualizada: 20-03-2019 10:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) organizará o vindeiro luns 25 a xornada ‘O futuro do sistema de pensións’, en colaboración co Consello Económico e Social de Galicia (CES). A xornada principiará ás 10.30 horas co relatorio do director da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA), Ángel de la Fuente, titulado ‘Cara unha nova reforma do sistema de pensións?’.

A partir das 11.45 horas o presidente do Colexio de Economistas de Galicia, o profesor da USC Miguel Vázquez Taín, falará os elementos diferenciais do sistema público de pensións en Galicia. A xornada rematará coa celebración dunha mesa redonda na que intervirán os axentes sociais do CES moderada polo profesor de Análise Económica da USC Melchor Fernández.