Saltar ao contido principal
Xornal

Acto protocolario de toma de posesión da profesora Elena López Lago como decana da Facultade de Física

Actualizada: 21-03-2019 10:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A profesora Elena López Lago tomará posesión este venres 22 do seu cargo como decana da Facultade de Física nunha sesión protocolaria que presidirá o reitor Antonio López a partir das 13.00 horas no Salón de Actos da propia facultade. Completan o equipo de goberno Beatriz Fernández Domínguez, como vicedecana, e Manuel Vázquez Ramallo, como secretario.

Elena López Lago
Elena López Lago é profesora titular da Área de Óptica do Departamento de Física Aplicada desenvolvendo a súa actividade docente na Facultade de  Física e na Facultade de Óptica e Optometría, na actualidade no grao e no mestrado de Física. A nova decana xa formara parte nos últimos nove anos da dirección do centro onde ostentou o cargo de secretaria da Facultade.

López Lago forma parte do grupo de investigación de referencia competitiva Nanomateriais, Fotónica e Materia Branda coordinado polo profesor Luis Javier Gallego del Hoyo. Actualmente é investigadora principal do proxecto ‘Caracterización óptica de líquidos iónicos puros e dopados con sales para a súa aplicación en dispositivos fotónicos e electroquímicos’ e participou noutros quince proxectos de investigación e tres redes temáticas, dos que resultaron máis de medio centenar de artigos científicos xunto con outras tantas comunicacións a congresos.