Saltar ao contido principal
Xornal

Xornada de competencias profesionais para alumnado de Economía e ADE

Actualizada: 25-03-2019 12:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle este mércores 27 unha xornada de competencias profesionais organizada polo Colexio de Economistas da Coruña e dirixida principalmente ao alumnado dos últimos cursos de Economía e ADE.

No encontro daranse a coñecer os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de persoas especializadas en cada unha delas e explicarase cal é o papel do Colexio de Economistas no desenvolvemento profesional.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas na Aula C coa presentación a cargo do decano do centro, Xoán Ramón Doldán García, e do decano-presidente do Colexio organizador, Miguel A. Vázquez Taín. A continuación, o economista, auditor de contas e socio de Kreston Iberaudit Jorge Borrajo Dios intervirá cun relatorio no que falará das diferentes áreas do exercicio libre da profesión.

Do economista na empresa  dará conta Alfonso López Pena, membro do Comité do Directorio de Xestión e Estratexia do Grupo Losán; mentres que o director xeral Adxunto de Planificación e Project Management Office en Abanca, Pedro Veiga Fernández, fará o propio co traballo nas entidades financeiras.