Saltar ao contido principal
Xornal

Alumnado universitario achega as súas experiencias na USC a estudantes de Bacharelato nun encontro na Facultade de Ade

O coloquio, promovido polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e dirixido a estudantes de segundo de BAC, desenvolverase este mércores ás 17.30 horas

Actualizada: 26-03-2019 08:50
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

Estudantes universitarios do campus de Lugo da USC achegarán este mércores as súas respectivas experiencias e vivencias universitarias a alumnado de Bacharelato no marco dun encontro que se desenvolverá a partir das 17.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

 

Este encontro estudantil, promovido polo coordinador do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC no campus de Lugo, Javier López González, está especialmente orientado ao alumnado de segundo de Bacharelato, mozos e mozas que están a piques de comezar a súa andaina universitaria.

 

O obxecto da sesión, programada como un coloquio aberto sobre a universidade en xeral e sobre o campus de Lugo en particular, é o de contribuír a despexar as posibles dúbidas dos futuros estudantes universitarios, ademais de trasladar información respecto das posibilidades académica, pero tamén da ampla oferta de actividades e servicios que presenta a USC na súa sede luguesa. A participación nesta sesión é libre e de balde para todo o público interesado.