Saltar ao contido principal
Xornal

Conferencia sobre o espectro do autismo no ámbito educativo

Actualizada: 26-03-2019 11:42
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O proxecto ‘Un de Cen. Comprendendo o espectro’ continúa o seu  desenvolvemento este mércores 27 cunha conferencia na  Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte da USC).

Nesta ocasión serán a mestra de pedagoxía terapéutica Alba Vázquez e a psicóloga Cristina Couto quen pronuncien ás 9.00 horas o relatorio ‘O trastorno do espectro do autismo no ámbito educativo’ no que explicarán os recursos  de derivación, apoio e orientación existentes internos e externos aos centros educativos.

O proxecto ‘Un de Cen’ combina o trinomio información, sensibilización e formación, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención cara as necesidades e realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á súa singularidade.

O ciclo de conferencias é unha proposta de achegamento directo das necesidades específicas das persoas con TEA aos futuros profesionais e docentes no ámbito universitario. A través dos relatorios, impartidos por profesionais da Federación Autismo Galicia, establécense accións encamiñadas a tecer redes de cooperación entre a Universidade, a Federación e os profesionais que a compoñen.