Saltar ao contido principal
Xornal

O Museo de Historia Natural incorpora expositores temporais sobre invasións biolóxicas

Complementan a exposición ‘Vespa velutina: Unha invasión imparable’, aberta ao público dende xuño de 2018

Actualizada: 27-03-2019 13:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Detalle dos novos paneis temáticos

O Museo de Historia Natural da USC incorpora ás súas exposicións temporais, unha serie de expositores temáticos sobre o problema xeral das invasións biolóxicas. O novo material completa a exposición temporal ‘Vespa velutina: Unha invasión imparable’, aberta ao público dende xuño de 2018. A mostra consiste nun conxunto de paneis, elaborados pola rede Alien Species Network (ASN), financiada pola Xunta de Galicia, que está integrada por investigadores das tres universidades galegas e da universidade portuguesa de Coimbra.

Nos paneis amósanse unha representación dalgunhas das especies exóticas invasoras vexetais e animais máis representativas dos ecosistemas máis próximos, tanto terrestres como acuáticos (uña de gato, herba da pampa ou tartaruga de Florida, entre outros) e inclúese información sobre as estratexias de prevención, control e restauración, os danos ambientais, e a súa repercusión para a biodiversidade nativa. Esta exposición tenta divulgar, cunha linguaxe sinxela, un gran problema ambiental para Galicia e contribuír a unha maior concienciación social do mesmo.


Outras imaxes


Complementan a exposición temporal sobre a velutina

Están elaborador pola rede Alien Species Network