Saltar ao contido principal
Xornal

A USC colabora coa V Carreira universitaria Solidaria

Actualizada: 28-03-2019 14:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O xoves 11 de abril o Campus Sur e a Alameda compostelá converteranse no escenario polo que transcorrerá a quinta edición da Carreira Universitaria Solidaria coa que colabora a USC e organiza Campus na nube, a concesionaria do servizo de reprografía, edición e impresión dixital da Universidade e a asociación Run4med integrada por alumnado de sexto curso de Medicina.

Ademais de fomentar os hábitos saudables, a práctica do deporte entre a poboación e a idea de que un xoves compostelán tamén pode ser solidario e deportivo, a carreira ten un obxectivo solidario que este ano irá a parar á asociación de familiares e amizades de enfermos mentais Fonte da Virxe. En anteriores ocasións participaron mais de 2.000 persoas e recadáronse un total de 10.000 euros que se repartiron integramente entre cinco asociacións.

O percorrido sae do Paseo dos Leóns e chega á pista de atletismo da USC, nun traxecto de 5,5 quilómetros apto para todos os públicos. A inscrición ten un custo de 8 euros, e pode facerse en www.carreirasgalegas.com ou presencialmente nos Centros de Campus na Nube nas Facultades de Dereito, Medicina, Psicoloxía, Filoloxía, Económicas e Farmacia. Tamén hai un dorsal cero para todos aqueles que queiran deixar a súa achega económica.

Como en anos anteriores, nesta carreira ademais da UIUSC colaboran institucións como a Federación Galega de Atletismo, o Concello de Santiago, Cruz Vermella e Protección Civil.