Saltar ao contido principal
Xornal

Conferencia e aula aberta na USC co historiador portugués Fernando Rosas

Actualizada: 29-03-2019 13:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O político, xornalista e historiador Fernando Rosas chega a Compostela a vindeira semana para participar en varios actos de carácter académico convidado polo grupo Histagra e a rede Galabra da USC.

O primeiro deles será este luns 1 de abril coa conferencia ‘Revolução e transição. O fim das ditaduras ibéricas’ que o profesor da Universidade Nova de Lisboa pronunciará ás 19.00 horas na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia. Xa o mércores 3 ás 9.00 no Salón de Graos de Filoloxía impartirá a aula aberta 'O 25 de abril, aos olhos do militante, ontem, e o historiador, hoje'.

Fernando Rosas comezou estudos de Dereito na década dos sesenta e foi arrestado en xaneiro de 1965. En 1973 participou na campaña de acusación polo asasinato do revolucionario africano Amílcar Cabral. Tras unha nova detención pola PIDE, estivo na clandestinidade ata o 25 de abril de 1974. En 1990 doutorouse en Filosofía.

Actualmente é profesor na Universidade Nova de Lisboa, presidente do Instituto de Historia Contemporánea, asesor histórico da Fundación Mário Soares e editor da revista Història. Entre as súas últimas obras atópase Salazar e os fascismos (Editora Tinta da China), que precisamente presentará o mércores 3 ás 20.00 horas na Libraría Couceiro acompañado dos profesores da USC Lourenzo Fernández Prieto e Elias J. Torres Feijó.