Saltar ao contido principal
Xornal

A Biblioteca Intercentros inicia ao alumnado do campus de Lugo na elaboración de traballos finais de grao cun curso exprés

O seminario, de carácter práctico e participación gratuíta, ten unha duración de 90 minutos. As próximas sesións celebraranse os días 5 e 12 de abril en quenda de mañá

Actualizada: 29-03-2019 13:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da actividade

A Biblioteca Intercentros do campus de Lugo da USC ofrece ao alumnado do campus de Lugo que se atope en predisposición de realizar o seu TFG un un curso exprés, a través do que inicia ao estudantado na elaboración deste traballo de carácter científico.

 

O proceso de busca de información e documentación nas propias dependencias ou a través dos servizos telemáticos de que dispón a Biblioteca Intercentros e o manexo dos diversos modelos de citación de fontes informativas son dúas das cuestións principais que se abordan no marco deste seminario formativo, que está impartido pola bibliotecaria Inés Amboage.

 

A posta en valor dos recursos que ofrece a Biblioteca Intercentros tanto para a consulta de manuais e fontes información como para acceder a documentación é outra das pretensións que pretende esta actividade, segundo indica Julia Cantalapiedra.

 

A directora da Biblioteca Intercentros da USC salientou asemade o éxito de demanda que está a rexistrar este módulo formativo, un curso intensivo e de carácter práctico no que participaron xa preto de 30 estudantes e do que se impartirán dúas novas sesións os vindeiros días 5 e 12 de abril, en quenda de 12.30 a 14.00 horas. A participación é libre e de balde para o público interesado.


Outras imaxes


Inés Amboage, na sesión formativa celebrada este venres na Biblioteca Intercentros