Saltar ao contido principal
Xornal

A USC participa esta semana en UNIferia, a primeira feira virtual para os futuro alumnado universitario

Actualizada: 29-03-2019 13:45
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago participa a vindeira semana, entre o 1 e o 5 de abril, na primeira feira virtual que Crue Universidades Españolas pon en marcha para axudar ao alumnado que este curso decidirá o seu futuro académico. Coñecer a oferta dos novos títulos de grao, os diferentes sistemas de acceso á Universidade, as opcións de bolsas ou de internacionalización poden ser factores decisivos para o futuro profesional dos máis novos.

A plataforma virtual permitirá aos futuros universitarios vencer así as fronteiras xeográficas e temporais, informarse sobre a Universidade compostelá e, de precisalo, interactuar en tempo real co persoal especializado da Oficina de Información Universitaria, que lles resolverán todas as dúbidas que poida ter.

Ao longo dos cinco días da feira, no stand virtual da USC sucederanse unha serie de charlas diarias en horario matinal sobre cuestións xerais e específicas como acceso aos graos, mobilidade, residencias universitarias ou a oferta do Campus de Lugo.

UNIferia
Xunto coa de santiago de Compostela, nesta primeira edición de UNIferia participan outras 51  universidades españolas que informarán en liña e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica e os pasos necesarios para poder cursar estudos superiores. O evento xurde do Grupo de Traballo dos Servizos de Información e Orientación Universitaria da Crue coa fin de garantir a igualdade de oportunidades sen as limitacións que teñen as tradicionais feiras de Educación Superior.