Saltar ao contido principal
Xornal

Xoias do cine experimental realizado por mulleres, este mércores en Filosofía

Actualizada: 01-04-2019 10:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A sesión desta semana do ciclo de cinema filosófico consistirá na proxección de varias curtametraxes experimentais realizados por mulleres entre 1920 e 1990 aproximadamente e un debate posterior que moderará Xavier de Donato.

A actividade ‘Xoias do cinema experimental feito por mulleres’ desenvolverase o mércores 3 ás 18:30 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

Entre outras, as obras que poderán verse son ‘Celles qui s'en font’ (1928), de Germaine Dulac; ‘Arabesque’ (1929), de Germaine Dulac; ‘Tarantella’ (1940), de Mary Ellen Bute; ‘Meshes of the Afternoon’ (1943), de Maya Deren; ‘Go Go Go!’ (1963), de Marie Menken; ‘Peyote Queen’ (1965), de Storm de Hirsch; ‘Saute ma ville’ (1968), de Chantal Akerman; e ‘Césarée’ (1978), de Marguerite Duras.