Saltar ao contido principal
Xornal

Un seminario en Dereito analizará a nova lexislación sobre marcas

Impartirao o director da Oficina Española de Patentes e Marcas

Actualizada: 02-04-2019 11:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O director da Oficina Española de Patentes e Marcas, José Antonio Gil Celedonio, impartirá a vindeira semana un seminario de Dereito Mercantil centrado na nova lexislación sobre marcas. De entrada gratuíta ata completar o aforo, a xornada celebrarase o luns 8 de abril a partir das 17.00 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito.

As persoas que se inscriban previamente no enderezo miriam.martinez@usc.es recibirán un diploma de asistencia ao final do acto. Esta é unha actividade organizada pola Área de Dereito Mercantil da USC en colaboración do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a propia Oficina Española de Patentes e Marcas.