Saltar ao contido principal
Xornal

Este venres entréganse os XIV Premios á Calidade Lingüística

Actualizada: 04-04-2019 13:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside este venres 5, ás 11.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia, o acto de entrega dos Premios á Calidade Lingüística da USC na súa décimo cuarta edición.

Na cerimonia participarán ademais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; o decano do centro anfitrión, Francisco Durán Villa, e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

Entréganse un total de 15 premios, un por cada grande área de coñecemento en tres modalidades: traballos académicos, cunha contía de 150 euros cada un; Proxectos de Fin de Carreira (PFC) e Traballos de Fin de Grao (TFG), premiados con 300 euros, e Traballos de Fin de Mestrado (TFM), con 500 euros cada un.