Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación do libro Sobre a Saudade en Filosofía

Actualizada: 08-04-2019 11:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolle este luns 8 ás 18:00 horas a presentación do libro Sobre a Saudade. Actas do VI Colóquio Luso-Galaico sobre a saudade. Em homenagem a Andrés Torres Queiruga, promovido polo Instituto de Filosofía Luso-Brasileiro e a Revista Nova Águia e editado pola Editorial Zéfiro (Sintra, Portugal).

Na presentación desta obra, que inaugura un ciclo de presentación de libros na Facultade de Filosofía da USC, tomarán a palabra os coordinadores, Renato Epifanio e Celeste Natário; o homenaxeado Andrés Torres Queiruga; e os co autores Luís García Soto e Marcelino Agís Villaverde, decano da Facultade.

Iniciados en 1996, os Coloquios Luso-Galaicos sobre a Saudade celebraron a súa VI edición o pasado ano 2018 nas cidades de Lisboa, Porto e Vigo, coa participación de máis de 20 investigadores e estudosos dos dous lados do Miño, que abordaron distintas facetas da Filosofía da Saudade, en particular a partir da obra de Andrés Torres Queiruga, autor homenaxeado neste Coloquio, profesor xubilado da Facultade de Filosofía da USC.