Saltar ao contido principal
Xornal

A estudante Andrea Muras Mora, finalista do concurso de monólogos científicos FameLab

Actualizada: 09-04-2019 12:10
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Andrea Muras, na súa actuación esta fin de semana en Sevilla. Foto: Fecyt

A estudante de doutoramento da USC Andrea Muras Mora, do grupo AQUABIOTEC do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, foi seleccionada como finalista do concurso de monólogos científicos FameLab organizado pola FEYCIT, o British Council e Obra Social "la Caixa".

A semifinal tivo lugar esta fin de semana en Sevilla, e nela participou Andrea xunto con outros 11 participantes, seleccionados de entre máis de 70. O seu monólogo ‘Las bacterias de mi boca’ trata da comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais, tema da súa tese de doutoramento, que tamén foi recoñecido en 2016 nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias.

A final, con só oito participantes, terá lugar en Madrid o 14 de maio e o gañador ou gañadora representará a España na competición internacional que se celebrará en xuño durante o festival de ciencia de Cheltenham (Reino Unido).