Saltar ao contido principal
Xornal

A artista pontevedresa Cora Velasco presenta ‘Sortilegios’ este xoves na Casa do Saber no marco do Lubicán íntimo

A actuación, incluída na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, comeza ás 21.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Actualizada: 10-04-2019 14:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cora Velasco

A artista pontevedresa Cora Velasco presenta este xoves, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o seu último traballo ‘Sortilegios’, un álbum no que a artista achega a súa faciana máis íntima e persoal ao tempo que denota máis madurez que nas dúas entregas anteriores.

 

A actuación de Cora Velasco está incluída na programación do Lubicán íntimo, un ciclo complementario do Lubicán e promovido tamén ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

 

Despois de catro anos de carreira musical, máis de 200 concertos, tanto en Galicia como alén das súas fronteiras, dúas xiras por dez países de Europa e tres traballos editados, Cora Velasco reaparece cunha nova proposta. Con ‘Sortilegios’, o seu traballo máis persoal, esta artista pontevedresa presenta a unha sólida candidatura para consolidar a súa transición de promesa a verdadeira realidade do panorama musical.

 

O novo traballo de Cora Velasco é unha colección dunha versión e sete composicións propias. O ritual, o teatro, a natureza, o rexeitamento, a transformación e o renacer constitúen algúns dos principais temas o novo disco desta artista pontevedresa.