Saltar ao contido principal
Xornal

O programa radiofónico Efervesciencia suma no último ano 54 novas emisións

Producido pola USC, conta co financiamento FECYT

Actualizada: 29-04-2019 13:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

José Edelstein á esquerda e Manuel Vicente á dereita. Foto: Elena Mora

O programa radiofónico Efervescencia sumou durante 2018 un total de 54 emisións, difundidas a través da Radio Galega entre xaneiro de 2018 e marzo de 2019 os mércores a partir das 24.00 horas. Ademais, neste mesmo período o programa sumou 210.000 podcast.

Con dez anos de emisión na canle radiofónica pública autonómica, Efervescencia é un dos mais veteranos programas de divulgación científica da grella das radios en España. O programa está producido pola USC e conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Nesta última quenda, polo programa pasaron grandes persoeiros da ciencia como o premio Nobel Stanley Prusiner, descubridor dos prións; Gabriela González, ex-voceira do proxecto LIGO; Juan José Gómez Cadenas, director da colaboración NEXT; ou Adolfo García Sastre, codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes do Hospital Monte Sinaí de New York.

Ademais, realizáronse programas cara ao público na feira Galiciencia no parque tecnolóxico Tecnópole en San Cibrao das Viñas, no congreso da Axencia Escolar Espacial Nosa en Oleiros, no Festiciencia en Ponteceso e na Noite Efervescente en Guitiriz. Igualmente, o programa foi responsable dun obradoiro de comunicación en radio para investigadores.