Saltar ao contido principal
Xornal

O equipo de xadrez da USC proclámase campión de España Universitario

Actualizada: 12-04-2019 11:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita: Miguel Picos, Julio Suárez, Adrián Gómez, David Gómez e Lucas Abal

O equipo de xadrez da USC acaba de proclamarse campión de España universitario no campionato disputado en Alacante. O conxunto compostelá cunha puntuación final de 20,5 adiantou nun punto ao da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e en dous e medio á da Politécnica de Valencia.

Ao resultado colectivo, o equipo da USC sumou tamén o subcampionato acadado por Adrián Gómez Diéguez, medalla de prata na categoría individual e o cuarto posto de Julio Suárez Gómez. Completaban o equipo compostelán David Gómez Diéguez (sétima posición individual), Lucas Abal Cores (15º) e Miguel Picos Paiztegui (35ª).

Esgrima
Ademais deste resultado, Pablo Basterrechea Roca tamén defendeu ás cores do club deportivo USC na modalidade de esgrima dos campionatos de España universitarios celebrados en Valencia, onde ascendeu á decima posición.