Saltar ao contido principal
Xornal

O 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía continúa a desenvolverse en Santiago

Actualizada: 15-04-2019 11:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Logo da inauguración este domingo na Cidade da Cultura, o 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía continúa a desenvolverse este luns e ata o mércores na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC coa participación de 900 especialistas en antropoloxía e disciplinas afíns de máis de 50 países.

Na xornada deste luns, na que pronuncia a conferencia plenaria o reputado antropólogo Tim Ingold, catedrático emérito da Universidade de Aberdeen (Escocia), entrégaselle o premio SIEF2019 para novas/os investigadoras/es a Ceri Houlbrook, do Departamento de Historia e Folklore de la Universidad de Hertforshire (UK).

Xa a partir das 18.30 horas terá lugar unha sesión centrada en Galicia na que intervirán a antropóloga canadiana Sharon Roseman (Memorial University, Canadá), que traballou longo tempo en Galicia; o catedrático de antropoloxía da USC Xaquín Rodríguez Campos; O profesor da UDC Antonio García Allut e o profesor da UTAD Xerardo Pereiro Pérez. Neste acto homenaxearase a Carmelo Lisón Tolosana (de 90 anos), formado en Oxford cos representantes históricos da antropoloxía, figura clave e “pai” da antropoloxía española que dedicou boa parte das súas investigacións a Galicia desde os anos 70 en adiante.

Programa do martes 16
A conferencia plenaria do martes correrá a cargo de Coppélie Cocq, da Universidade de Helsinki, que falará do uso de ferramentas dixitais na antropoloxía e outras innovacións metodolóxicas, que ela emprega na súa investigación en contextos indíxenas do norte de Europa.

Nesta xornada terán lugar varias sesión de paneis de investigacións sobre múltiples cuestións, como por exemplo os museos como instrumentos de inclusión social e vocación comunitaria, o turismo como actividade complexa con vantaxes pero tamén inconvenientes, as crisis introducidas polo cambio climático en distintas rexións do mundo ou as formas de representación e protesta no espazo público en Cataluña dende os anos 70’s ata hoxe.

Ademais, dentro da programación paralela de audiovisuais, este martes ás 20:00 horas proxectarase, na nave 5 do Mercado de Abastos, o documental Albariño Rías Baixas: de la tradición al mundo, de Pablo Alonso González, científico titular do Incipit CSIC.