Saltar ao contido principal
Xornal

A EPS de Enxeñaría organiza o 25 de abril un amplo programa de actividades co gallo do Día da Terra e a festividade do centro

Actualizada: 15-04-2019 14:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Vista da Escola Politénica Superior de Enxeñaria do campus de Lugo da USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría celebrará o 25 de abril a festividade do centro, coincidindo co Día da Terra, cun amplo programa de actividades deseñado polo equipo de dirección e a delegación de estudantes do centro universitario lugués.

 

O programa de actividades organizado co gallo da celebración desta efeméride, que coincide coa festividade do centro universitario, estenderase durante toda a xornada, desde as 9.30 horas ata pasadas as 20.00 horas. A proxección do documental ‘Cambio climático, ¿qué futuro nos espera?’, ás 9.30 horas, na FullDome Space instalada no seminario 3 do pavillón III  da EPS de Enxeñaría, onde se ofrecerá un novo pase a partir das 16.00 horas, abrirá unha xornada lúdica, durante a que, a partir das 12.00 horas, se celebrará un mercado de produtos ecolóxicos.

 

A presentación do programa ‘Por que hai futuro: Aterra no Campo’, a partir das 16.00 horas, nos salón de actos da EPS de Enxeñaría, servirá de apertura da programación de queda de tarde, cando tamén está prevista a celebración de campionatos de dardos, futbolín, unha sesión de Escape Room no local da Delegación de Estudantes da EPS de Enxeñaría e mesmo una sesión de cata e introdución á elaboración de cervexa artesá.

 

A participación nalgunha destas actividades require de inscrición previa. As persoas interesadas poden solicitar máis información ao respecto e apuntarse en calquera das actividades de balde a través do número de teléfono 982 823011, no enderezo electrónico eps.secretaria.direccion@usc.es ou nas listas dispostas nas aulas, na cafetería do centro, e na Delegación de Estudantes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

 

Os actos conmemorativos do Día da Terra e da Festividade da EPS de Enxeñaría rematarán á noitiña cunha sesión de música ao vivo que comezará  arredor das 20.00 horas, nas inmediacións da cafetería do centro universitario lugués.