Saltar ao contido principal
Xornal

A Facultade de Ciencias acolle esta semana unhas xornadas sobre innovación en nutrición, seguridade e tecnoloxía alimentarias

Carlos de la Cruz García, de Nestlé Nespresso, abre este martes a quenda de relatorios do ciclo do Mestrado en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias

Actualizada: 22-04-2019 13:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Programa de intervencións das xornadas sobre innovación en nutrición e seguridade alimentaria

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC acolle esta semana a cuarta edición das Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias, un ciclo de relatorios promovido desde o Mestrado en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias que bota a andar este martes que se prolongará ata o 29 de abril. As distintas sesións programadas no marco deste foro poderán seguirse tanto na aula 2 do centro universitario lugués como na sala de xuntas da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela.

 

O responsable de asuntos regulatarios e científicos de Nestlé Nespresso Carlos de la Cruz García abrirá este martes, ás 12.00 horas, a quenda de relatorios deste foro cunha sesión a través de videoconferencia desde a Lausanne (Suíza), que se desenvolverá baixo o título ‘Da USC a Nespresso: intercambio de experiencias personais e industriais’.

 

As doutora Sarah Pastorelli, Manager Products Compliance en Philip Morris International, dará continuidade o martes 24 de abril, a partir das 12.00 horas, ás intervencións programadas neste foro cunha exposición na que tratará algúns dos aspectos xerais da seguridade alimentaria. O director xeral de El Hórreo Healthy Food S. L., Joaquín Monte Fernández, afondará ao día seguinte no marco destas xornadas outras cuestións ligadas á seguridade alimentaria dentro das pequenas empresas.

 

As IV Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias continuarán o 29 de abril, a partir das 16.00 horas, cun relatorio a cargo do doutor Rafel Paseiro Cerrato, quen abordará na súa intervención a aplicación de técnicas analíticas avanzadas para a caracterización de substancias químicas. 

 

A responsable técnica de Contaminantes do Centro Nacional de Alimentación da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, Juana Bustos García de Castro, pechará o luns 29, a partir das 17.30 horas, a cuarta edición destas xornadas monográficas cunha exposición sobre os riscos químicos dos materiais en contacto cos alimentos. A participación nestas xornadas é libre e de balde para todas as persoas interesadas na temática.