Saltar ao contido principal
Xornal

O Servizo de Deportes da USC organiza en maio tres novas propostas de sendeirismo

Actualizada: 23-04-2019 12:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As rutas de maio transitarán por diversos puntos das provincias de Pontevedra e Lugo e por Portugal

O Servizo de Deportes da USC organiza ao longo de maio catro rutas de sendeirismo, de distinta dificultade e variación, que transitarán polas provincias de Lugo e Pontevedra e por Portugal.

O primeiro itinerario será o sábado 4 de maio na serra do Courel dentro da programación de rutas de Montaña. O obxectivo nesta ocasión será o cumio do Formigueiros, o máis alto da serra. O mércores 8, dentro da programación de Roteiros, a actividade será no concello de Caldas de Reis, onde se realizará un percorrido á beira do rió Umia. E a última será o sábado 25. Dentro da programación Rutas de Lecer farase un percorrido da Ecopista de Portugal entre Valença e Monçao, á beira do río Miño.

Dirixidas por persoal titulado da Fundación USC Deportiva, para asistir a calquera destas rutas é imprescindible inscribirse previamente na web https://aplicacions.usc.es/deportes/actividades/index.jsp?idUnidadGestion=7&idBloqueActividad=487. As rutas están dirixidas ao público xeral e teñen como obxectivo promover o deporte na natureza e os hábitos de vida saudable. Na web da USC poden consultarse prezos, horarios, dificultade e información máis completa sobre cada unha destas actividades, ademais de consellos xerais no caso de participar nestas rutas de sendeirismo.