Saltar ao contido principal
Xornal

Medicina celebra este mércores o seu acto de graduación

Actualizada: 23-04-2019 13:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor da Universidade de Santiago Antonio López preside este mércores 24 o acto académico de graduación da Facultade de Medicina, que comezará ás 12.00 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

Na cerimonia intervirá o decano da Facultade, Julián Álvarez, o alumno de grao Pablo Otero e o profesor Arturo González Quintela, padriño da promoción.

Asisten ademais o vicerreitor de Estudantes, Víctor Arce; a xerente do CHUS, Eloína Núñez; o presidente da real Academia de Medicina de Galicia, José Carro Otero; o equipo decanal e Ramón Calviño, do Colexio Médico da Coruña.