Saltar ao contido principal
Xornal

Preséntase na USC a tradución ao castelán de Flamenca, de Antoni Rosell e con estudio introdutorio de Mercedes Brea

Actualizada: 24-04-2019 12:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor da Universitat Autònoma de Barcelona Antoni Rosell presenta este xoves na USC a tradución ao castelán de Flamenca, unha novela erótica medieval que inspirou á cantante Rosalía no seu último traballo El mal querer e que conta cun estudio introdutorio da catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea. O acto será ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.

Flamenca é unha das poucas obras da literatura medieval que reivindica o papel de muller no contexto do Amor Cortés. Foi escrita en occitano no século XIII e consérvase nun único manuscrito na Biblioteca Nacional de Carcassona (Francia). Parte da súa orixinalidade reside en considerar lexítimo que as mulleres puideran ter amantes cando non eran ben tratadas no seu matrimonio.

A novela narra os amores secretos entre Flamenca, encerrada nunha torre polos celos do seu esposo, e Guillermo de Nevers, namorado dela tras vela nun oficio relixioso. A historia serviu de inspiración á cantante Rosalía no proceso de creación do seu último disco, , onde fala dos celos masculinos.

O autor da tradución, Antoni Rosell, é profesor titular de Filoxía Románica na Universitat Autònoma de Barcelona e director do Arxiu Occità do Institut d’Estudis Medievals da mesma universidade. É tamén intérprete de música medieval, e ten publicado numerosos libros e artigos adicados principalmente á poesía e á música medieval.