Saltar ao contido principal
Xornal

Mesa redonda en Políticas sobre as eleccións xerais e europeas

Actualizada: 24-04-2019 13:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Diante das inminentes convocatorias electorais, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC ten previsto desenvolver varias actividades, que comezan este xoves 25 coa mesa redonda ‘España e Europa ante un novo reto electoral: Eleccións xerais e europeas 2019’.

No debate, previsto para as 12:00 horas, intervirán o investigador do Real Instituto Elcano e profesor do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid Ignacio Molina A. de Cienfuegos e a profesora do Departamento de Dereito Constitucional, Ciencia Política e da Administración da Universidade de Valencia Astrid Barrio López. Modera José Rama Caamaño, graduado en ciencia política pola USC e investigador doutoral no Departamento de Ciencia Política da Autónoma de Madrid.

Debate candidaturas municipais
Outra das actividades será o 14 de maio ás 18:00 horas no Salón de Actos do centro, cun debate entre os candidatos e candidata á alcaldía dos partidos con representación actual no consistorio: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG), Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE) e Goretti Sanmartín Rei (BNG).