Saltar ao contido principal
Xornal

A II Xornada de presentación de Software Libre Científico desenvólvese este xoves en Matemáticas

Actualizada: 24-04-2019 13:27
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Matemáticas acolle este xoves 25 a Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que busca compartir coñecementos e experiencias arredor dese software así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS.

O encontro está organizado pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da USC. A inscrición é de balde e de libre acceso.

Na sesión intervirán os especialistas da USC Rosa Crujeiras, Francisco Pena Brage, Juan Carlos Arroyo Condor e María José Ginzo Villamayor, así como Rafael Rodríguez Gayoso, de MeLiSA, e Miguel Ángel Rodríguez Muíños, da Consellaría de Sanidade.