Saltar ao contido principal
Xornal

Nova visita guiada á exposición ‘Máis alá do Estereotipo’

Actualizada: 24-04-2019 13:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Este xoves 25 ás 20:00 horas levarase a cabo unha nova visita guiada á exposición ‘Máis alá do Estereotipo’, a primeira mostra individual da artista compostelán Mery Pais en Galicia que se expón dende o pasado 28 de marzo na Igrexa da Universidade.

Esta será a derradeira visita guiada á proposta de arte contemporánea organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, e desta volta será da man do comisario da mesma Iñigo Rodríguez, que abordará a traxectoria e obra da artista dende un punto de vista curatorial.