Saltar ao contido principal
Xornal

Acto académico de imposición de bandas e entrega de diplomas de convivencia na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

A vicerreitora Montserrat Valcárcel presidirá a sesión, a partir das 21.00 horas, no marco da que se distinguirá a Luz Páramo coa ‘Beca de Honra’ do centro universitario

Actualizada: 24-04-2019 13:56
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC celebra este xoves 25 de abril, a partir das 21.00 horas, o acto académico de imposición de bandas aos estudantes residentes e de entrega de diplomas de convivencia ás persoas estranxeiras que residiron durante este ano académico neste centro universitario.

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, presidirá este acto, no que tamén intervirá a directora da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, Paula Vázquez Rodríguez, e o subdirector do referido centro universitario, Adrián Constenla García, quen se ocupará de presentar e de facer a laudatio da persoa que recibe a ‘Beca de Honra’, Luz Páramo

 

Antes de proceder ao recoñecemento que o centro universitario lugués tributa a Luz Páramo, a residente Andrea Durán Liñares intervirá como voceira da promoción de estudantes universitarios do campus de Lugo hospedados na residencia universitaria Jesús Bal y Gay que se despide do centro ao remate do curso 2018-2019.