Saltar ao contido principal
Xornal

Dous ouros, unha prata e un bronce, balance do equipo da USC no Campionato de España universitarios de orientación

Rosa María Pernas proclamouse campioa de España nas modalidades sprint e carreira media

Actualizada: 24-04-2019 14:12
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

En modalidade Sprint, Rosa Mª Pernas alcanzou o ouro e Margarita Balboa a prata

As representantes da USC no Campionato de España universitarios de Orientación nas especialidades de sprints, relevos clásicos e media colectaron dúas medallas de ouro, outra de prata e unha terceira de bronce.

Na modalidade de sprint, e concretamente na categoría F-55, proclamáronse campioa e subcampioa, Rosa María Pernas e Margarita Balboa, respectivamente. Neste mesma categoría pero na modalidade de carreira media, repetiu no primeiro posto Rosa María Pernas, mentres que Carla Muñiz rematou en terceira posición na categoría F-12.

En relevos clásicos Rosa María Pernas e Margarita Balboa integraron, xunto con Begoña Crespo, de Vigo, o equipo que representou á Federación Galega desta disciplina, proclamándose campión de España na categoría de Veteranas C.


Outras imaxes


En media distancia, Rosa Mª Pernas tamén subiu ao máis alto do podio

O equipo galego proclamouse campión de España en Veteranas C