Saltar ao contido principal
Xornal

A cantautora arzuá MJ Pérez ofrece este xoves no Vello Cárcere de Lugo un concerto no marco do ciclo Lubicán

A actuación de MJ Pérez, que estará acompañada da súa banda, comezará ás 21.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Actualizada: 24-04-2019 14:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

MJ Pérez, cantautora. Foto: Moncho Fuentes

A cantautora arzuá MJ Pérez ofrecerá este xoves 25 de abril, a partir das 21.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, un concerto no que interpretará temas do seu terceiro e último traballo, ‘Casandra’ , no marco do ciclo Lubicán, un programa impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con achegas orzamentarias a USC, Concello e Deputación de Lugo. O concerto é de acceso libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

 

MJ Pérez, que estará acompañada da súa banda na súa actuación na capital luguesa,  acumula tres discos producidos, aínda que ‘Casandra’ constitúe o seu primeiro traballo de estudio. Nesta nova entrega musical, MJ Pérez conta coa colaboración da súa banda, pero tamén inclúe outras achegas especiais, como son Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou o zanfonista de Vilalba Martiño Cabarcos.

 

A artista, que tamén achegará ao público lugués outras temas do seu cada vez máis amplo repertorio, supera ano tras ano novas metas na súa traxectoria. En 2016, acadou un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña; en 2017 gañou o Xuventude Crea; xa en 2018 foi semifinalista dos Premios MIN da Música Independente e finalista dos Premios aRitmar Galiza e Portugal.