Saltar ao contido principal
Xornal

A promoción 2015-2019 das titulacións de Filoloxía celebra este sábado a súa graduación

Rematan os seus estudos un total de 166 estudantes

Actualizada: 26-04-2019 09:22
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A promoción 2015-2019 das cinco titulacións de grao impartidas na Facultade de Filoloxía celebrará este sábado 27 a súa graduación cun acto que presidirá o reitor Antonio López no Auditorio de Galicia a partir das 17.00 horas. Este curso finalizarán estudos un total de 166 estudantes, 134 mulleres e 32 homes, pertencentes aos graos en Filoloxía Clásica; Lingua e literaturas españolas, galegas, inglesas e modernas (alemán, francés, italiano e portugués).

Este acto fin de curso arrancará coa intervención das madriñas e padriños de cada especialidade: José Virgilio García Trabazo e Amelia del Carmen Pereiro Pardo (Filoloxía Clásica); Elena Rivas Muíño e María José Alonso Veloso (Lingua e literatura españolas); María Álvarez de la Granja e Xosé Manuel Salgado Rodríguez (Galego); Belén Méndez Naya e Laura Lojo Rodríguez (Inglés); Víctor Millet Schröder e Sina Kristin Menrad (Alemán); Mª Luz Casal Silva e Laurence Malingret (Francés); María Montes López (Italiano); e María Isabel Morán Cabanas (Portugués).

Deseguido tomarán a palabra os estudantes Aitana Acuña Rodríguez, Miguel Cavadas Docampo e Adrián Reis Baliñas en representación das graduadas e graduados desta promoción. A entrega de diplomas conmemorativos e a intervención da decana da Facultade, María José López Couso, precederán ao discurso co que o reitor clausurará este acto fin de estudos.